Que é butoh?

butoh

O butoh é unha danza que nace no Xapón da posguerra e do horror nuclear, e busca neste clima de derrota un novo sentido do corpo e da vida fronte as imposicións estéticas, políticas e sociais.

Entre a tradición e a vangarda, os seus fundadores, Kazuo Ohno e Tatsumi Hijikata, investigaron un movemento que conectaba o ancestral da cultura xaponesa con vangardas europeas como o teatro da crueldade ou o expresionismo alemán.

As reminiscencias do butoh poden levarnos tanto ao teatro Noh como aos corpos deformes de Francis Bacon. O Xapón sintoísta convive coa desolación atómica. O butoh conecta espazos e tempos diferentes mentres se pregunta acerca da existencia humana e do cosmos.

Butoh en Lugo

A cidade de Lugo foi testigo, durante estes últimos anos, dun interés crecente por esta danza. Os cursos  impartidos por Matilde Javier Ciria propiciaron o interese por esta disciplina.

kojot

O noso obxectivo é seguir alimentando esta semente, deixarnos levar pola viaxe das súas raíces, tender unha ponte cara esta danza que á súa vez conecta diferentes culturas, sensibilidades e maneiras de entender o mundo que habitamos. Para isto propoñemos un novo achegamento ao butoh,  a terceira edición do festival Kojoteki que terá lugar en Lugo do 2 ao 5 de marzo, e que mediante un mosaico de actividades explorará as súas distintas dimensións.

Leave a comment